Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.064

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do concerto de asistencia sanitaria que se cita.

O director xeral da División de Recursos Económicos, cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa e en uso das atribucións que lle son delegadas polo artigo 15.2º do Decreto 49/1998, do 5 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 33), acorda darlle publicidade á adxudicación do contrato de xestión de servicios públicos mediante o procedemento negociado seguinte:

Obxecto: prestación de asistencia sanitaria a beneficiarios da Seguridade Social na provincia de Lugo.

Adxudicataria: Sanatorio Nosa Sra. dos Ollos Grandes.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2001.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos