Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.062

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/28-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: recuamento Otero Pedraio.

Situación: Ourense.

Características técnicas: modificación da traza da liña subterránea a 20 kV derivada da L.M.T. subterránea procedente do C.T. universidade e remata na cela de liña do C.T. hospital, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, de 210 m de lonxitude.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 5 de marzo de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense