Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: r/ Madrid, 1 (polígono das Fontiñas) 15707 Santiago de Compostela.
Denominación: C.T.A. 50 kVA Petón.
Situación: Cerceda.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 30 m de lonxitude con orixe na liña do Alto do Vilar e remate no C.T. de Petón, que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Petón, no concello de Cerceda.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 5 de marzo de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña