Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 17 de abril de 2001 Páx. 5.058

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de nutrición e bromatoloxía (Lugo), do departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía, a Alberto Cepeda Sáez (praza 1735/2000).

De conformidade coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 18 de maio de 2000 (BOE do 15 de xuño) para a provisión da praza de catedrático de universidade, da área de coñecemento de nutrición e bromatoloxía (Lugo), do departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a favor de Alberto Cepeda Sáez tendo en conta que o interesado cumpre os requisitos a que alude o punto 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro;

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Alberto Cepeda Sáez catedrático de universidade da área de coñecemento de nutrición e bromatoloxía (Lugo), do Departamento de Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2001.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela