Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 5.003

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (60/2001).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 15 de marzo de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de reparcelación de predios da zona 6 do SU-6 do PXOU por petición de Basilio Martínez Serodio, en representación de Xardín das Burgas, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 102, 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 23 de marzo de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde