Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 16 de abril de 2001 Páx. 5.001

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 1 de marzo de 2001, da Delegación Comarcal de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de expedientes sancionadores (PESAN1 2000/000687-5 e outro máis).

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan as propostas dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estime pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse a disposición dos interesados na citada Delegación Comarcal de Pontevedra, Andrés Mellado, 15-1º.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000687-5.

Denunciado: Salvador Castro García.

DNI: 78.730.944.

Enderezo: San Cibrán, 38-Aldán, Cangas.

Nº de expediente: PESAN1 2000/000877-5.

Denunciado: Juan Manuel Bua Platis.

DNI: 35.449.888.

Enderezo: Saralegui, 7-Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa.

Pontevedra, 1 de marzo de 2001.

Carlos Costa Fraga

Delegado comarcal de Pontevedra