Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.941

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2001, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncian os concursos públicos, polo procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación das subministracións sucesivas de diversos productos de alimentación. (C.P. 4/2001 e dous máis).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas polo conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais na Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 103, do 29 de maio), resolve convoca-los concursos públicos seguintes:

-Expediente C.P. 4/2001.

Obxecto: adquisición de froitas e hortalizas frescas (lote único).

Orzamento: 25.775.474 pesetas (154.913,72 euros), IVE incluído.

-Expediente C.P. 5/2001.

Obxecto: adquisición de productos de panadería, embutidos, conxelados, conservas, galletas e biscottes (7 lotes).

Orzamento: 30.864.085 pesetas (185.496,89 euros), IVE incluído.

-Expediente C.P. 6/2001.

Obxecto: adquisición de lácteos e derivados; cafés e cacaos; azucres, zumes, infusións, condimentos, legumes, pastas, ovos e outros (5 lotes).

Orzamento: 27.252.197 pesetas (163.789,01 euros), IVE incluído.

Nos expedientes C.P. 5/2001 e C.P. 6/2001 os licitadores poderán concorrer a un, a varios ou á totalidade dos lotes que se enumeran nos pregos.

Forma da adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público, polo trámite urxente.

Prazo de execución: ver punto 7.1 da cara dos pregos de cláusulas administrativas.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica, financeira e técnica: ver punto 18 da folla de especificacións dos pregos de cláusulas administrativas.

Criterios de adxudicación: ver punto 13 da cara dos pregos de cláusulas administrativas.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Compras do Hospital Cristal-Piñor; rúa Ramón Puga, 52 (edificio de administración-planta baixa), de Ourense, en días hábiles, das 9 ás 14 horas, agás sábados. Para consultar datos: http//www.sergas.es.

Fianzas: provisional: non se require. Definitiva: 4% do importe de licitación do que sexa/n adxudicatario/s, á formalización do contrato.

Presentación de proposicións: deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Cristal-Piñor, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Recursos Económicos e SS. XX. do complexo hospitalario, a partir das 9 horas do sexto día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados nos pregos de claúsulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Anuncios: o pagamento será por conta do adxudicatario.

Ourense, 29 de marzo de 2001.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario de Ourense