Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Mércores, 11 de abril de 2001 Páx. 4.934

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 2 de marzo de 2001, da Área de Servicios Sociais da provincia de Pontevedra, polo que se notifican as resolucións dictadas sobre as axudas para situacións de emerxencia social relacionadas no anexo.

No uso da competencia que atribúe a esta delegación provincial a Lei 9/1991, do 2 de outubro, modificada parcialmente pola Lei 1/1999, do 5 de febreiro, galega de medidas básicas para a inserción social (Diario Oficial de Galicia nº 191, do 3 de outubro e Diario Oficial de Galicia nº 36, do 22 de febreiro), e en virtude do disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro) que modifica parcialmente a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ó serén devoltas polo servicio de correos as notificacións enviadas no seu día, son requiridas as persoas citadas no anexo para que no prazo de 10 días, contados desde o seguinte á data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, na Delegación Provincial de

Pontevedra, Área de Servicios Sociais, Servicio Prestacións (r/ Cánovas del Castillo, s/n-Vigo), para ter coñecemento do contido de aquelas, advertíndolles que de non facerse así, teranse por noficadas cos efectos que correspondan.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: José Manuel Ferreira Martínez.

DNI: 36.053.189.

Resolución: denegación dunha axuda para situacións de emerxencia social

Fundamento de dereito: artigo 41.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente á Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social e demais normativa de desenvolvemento.

Interesada: Mª Victoria Pérez Gómez.

DNI: 36.067.926.

Resolución: denegación dunha axuda para situacións de emerxencia social.

Fundamento de dereito: artigo 41.1º da Lei 1/1999, do 5 de febreiro, que modifica parcialmente á Lei 9/1991, do 2 de outubro, galega de medidas básicas para a inserción social e demais normativa de desenvolvemento.