Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CATOIRA

EDICTO.

En sesión celebrada o día 26 de febreiro de 2001, o Pleno da Corporación aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento consistente nun cambio das actuais aliñacións en todo o termo municipal ó longo da estrada C-550, que queda exposto ó público, de acordo co disposto nos artigos 42 e 43 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, polo prazo dun mes, durante o cal os interesados poderán presenta-las alegacións que desexen, quedando ó seu dispor o expediente na secretaría municipal.

Catoira, 27 de febreiro de 2001.

Alberto García García

Alcalde