Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T. de Fraga-Seoane II (concello de Vigo), a favor da empresa Unión Eléctrica-Distribución, S.A. (Expediente 13/1999 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto da liña de referencia, que foi declarada, en concreto, de utilidade pública, o cal leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados por resolución desta delegación do 9 de xuño de 2000 (artigo 54.1º da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico), que o día 24 de abril de 2001, a partir das 10 horas, procederase sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Vigo, sinalados cos números:

Predios: 2-13.

Hora: 10.

Día: 24-4-2001.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que, para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da lei citada.

Vigo, 6 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 13/1999Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T. Fraga-Seoane IITermo municipal: Vigo

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Campo da FonteMonte altoArmando Vila VilaApdo. Justo Vila, 54, Vila, Seoane-Valadares, 36315 Vigo18288

3Campo da FonteMonte altoAuxilio Fernández CelesCño. Ramón dos Pinos, 22, Beade, 36312 Vigo28330

6Campo da FonteLabradíoElena Pérez VilaRivelas-Matamá, 7, 36213 Vigo550

8LagoMonte baixoSofía Vila VilaCño. Peniba-Valadares, 32, 36315 Vigo32400

12Campo da PortaPradoSofía Vila VilaCño. Peniba-Valadares, 32, 36315 Vigo15150

13Campo da PortaPradoRosa Pérez VilaEstrada Valadares, 380, 36315 Vigo31280