Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Donón-Cabo do Home.
Situación: Cangas.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 649 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, desde un apoio s/n da L.M.T. á LS C.T.S. de Cabo do Home e Donón, entre as derivacións ó C.T. de Viño e ó C.T. Cabo do Home, ata o C.T. existente de Donón, no concello de Cangas.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 26 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra