Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. Cidadelle-Faro-Angorén.
Situación: Redondela.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 960 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio existente da L.M.T. 3 da sub. Redondela ata un apoio existente tipo 1.600/13 situado xunto ó C.T. Chapela-A Igrexa, no concello de Redondela.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 20 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra