Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: r/ García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. na rúa Ferrería, nº 23.
Situación: Caldas de Reis.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 268 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. existente ó C.T. Eirín ata o C.T. que se proxecta na rúa Ferrería nº 23, do concello de Caldas de Reis. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 20 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra