Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.857

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do arrendamento de fotocopiadoras con destino ós servicios centrais e periféricos desta consellería.

A Consellería de Economía e Facenda anuncia concurso público, por procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación do arrendamento de fotocopiadoras con destino ós servicios centrais e periféricos desta consellería.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Economía e Facenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral e do Patrimonio.

c) Número de expediente: 09/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: arrendamento de fotocopiadoras con destino ós servicios centrais e periféricos da Consellería de Economía e Facenda.

b) División por lotes e número.

Lote I: 12 fotocopiadoras dixitais.

Lote II: 13 fotocopiadoras dixitais.

c) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Prazo de execución: corenta e tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cincuenta e catro millóns duascentas oitenta e sete mil cincocentas pesetas (54.287.500 pesetas o 326.274,45 euros), IVE incluído, distribuído segundo o detalle seguinte:.

Lote I.

Arrendamento: 30.960.000 pesetas.

Mantemento: 11.287.500 pesetas.

Orzamento total: 42.247.500 pesetas.

Lote II.

Arrendamento: 8.600.000 pesetas.

Mantemento: 3.440.000 pesetas.

Orzamento total: 12.040.000 pesetas.

Total.

Arrendamento: 39.560.000 pesetas.

Mantemento: 14.727.500 pesetas.

Orzamento total: 54.287.500 pesetas.

5. Garantías.

Provisional: lote I: 844.950 pesetas ou 5.078,25 euros.

Lote II: 240.800 pesetas ou 1.447,24 euros.

Total: 1.085.750 pesetas ou 6.525,49 euros.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral e do Patrimonio, Servicio de Xestión Económica e Control Presupostario.

b) Enderezo: rúa San Caetano, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 41 47.

e) Telefax: 981 54 41 25.

f) Data límite de obtención de información: será a mesma que para a presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

A xustificación da solvencia económica realizarase por algún dos medios sinalados no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño. A xustificación da solvencia técnica, segundo se indica no artigo 18 da mesma norma.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 15 días naturais que se contarán a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a indicada nas cláusulas 5.3, 5.4 e 5.5 do P.C.A.P.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo, na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, rúa San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Economía e Facenda, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela.

b) Data e hora: ás 12 horas do quinto día natural que non coincida en sábado ou día inhábil seguinte ó de remate do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda