Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 10 de abril de 2001 Páx. 4.848

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 27 de marzo de 2001 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán-2001.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do ocio e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten facilitar canles polas que a xuventude poida participar neste tipo de actividades, é polo que este ano, de igual xeito que en anos anteriores, se convoca a Campaña Verán-2001.

A oferta da Campaña Verán-2001 comprende, ademais daquelas que se desenvolven na Comunidade Autónoma galega, actividades de ámbito nacional e a súa realización ten lugar noutras comunidades autónomas de España.

A Dirección Xeral de Xuventude pretende desta forma atende-la demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no eido do ocio e o tempo libre.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I desta orde.

As diferentes actividades que integran esta oferta xeral desenvolveranse tanto en Galicia como nas comunidades autónomas de España, en diferentes quendas de entre unha semana e quince días de duración durante os meses de xullo e agosto.

Nos servicios e oficinas locais de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil e nas oficinas de información administrativa e atención ó cidadán, os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria desta campaña, onde se detalla unha información ampla sobre cada actividade e da instalación xuvenil onde se vai levar a cabo.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

A oferta da Campaña Verán-2001 supón a inscrición individual e permítelles ós participantes dispoñer dos seguintes servicios:

1. Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do mozo.

2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

3. Mantenza en réxime de pensión completa.

4. O material necesario para a actividade.

5. Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre.

6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

7. O transporte ata onde se van desenvolve-las actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma galega.

Artigo 3º.-Participantes.

Poden solicita-la súa participación nas actividades ofertadas nesta convocatoria os mozos con idades comprendidas dentro dos tramos de idades que se especifican para cada actividade no anexo I.

En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase ter en conta:

1. A idade mínima que se especifica para cada actividade deberá cumprirse durante o ano 2001, agás nos casos en que a idade mínima sexa os 18 anos; nese caso deberanse ter cumpridos antes do comezo da actividade.

2. A idade máxima que se especifica para cada actividade deberá terse o 1-7-2001, para aquelas que se desenvolvan en xullo, e o 1-8-2001 para as que se desenvolvan en agosto.

Non se admitirán aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 4º.-Solicitude.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada mozo unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude (cada quenda ou actividade vai identificado cun código no anexo I desta orde).

2. As solicitudes dirixiranse á directora xeral de Xuventude, e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Así mesmo, admitiranse aquelas solicitudes que se reciban a través da rede Internet na páxina con enderezo (u.r.l.) http://www.xunta.es/adm/campalbe.htm.

O interesado será responsable da seguridade dos datos incluídos na solicitude ata que non se almacenen na base de datos da Xunta de Galicia.

O interesado poderá comproba-la recepción da súa solicitude a partir do 5 de maio no teléfono xove 902 15 25 35.

Artigo 5º.-Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 30 de abril de 2001.

Artigo 6º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase o día 10 de maio de 2001 nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Santiago de Compostela.

A Dirección Xeral de Xuventude fará público o resultado do sorteo e confeccionará a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. As ditas listas serán expostas o día 11 de maio na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros e servicios de Xuventude das súas delegacións provinciais, e no Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán de Santiago de Compostela.

Artigo 7º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na delegación provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde se vai desenvolve-la actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, no caso das actividades pluriprovinciais (que se desenvolven en dúas ou tres instalacións de diferentes provincias) ou actividades que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, no prazo de dez días contados desde o día seguinte ó da data de exposición das listas, a seguinte documentación:

-Xustificación de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de ser apto para participar na actividade.

-Declaración xurada de que sabe nadar.

No caso de non presenta-la antedita documentación no prazo indicado, a praza pasará a oferta pública, aplicándose o procedemento disposto no artigo 8º desta orde.

Artigo 8º.-Adxudicación das prazas de resultas.

1. As prazas que non se cubrisen polo procedemento de adxudicación establecido no artigo 6º, así como as vacantes que se produzan, xa sexa por renuncia do interesado ou por non presenta-la documentación referida no artigo 7º desta orde en prazo, concederanse por adxudicación directa segundo se vaian solicitando.

Para estes efectos, durante os días 11 e 12 de xuño poderán solicita-las prazas vacantes todos aqueles solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo ou renunciasen á praza.

Transcorrido o dito período, as prazas vacantes poderán ser solicitadas por calquera persoa interesada, sempre e cando cumpra as limitacións de idade ás que se fai mención no artigo 3º desta orde.

2. Para solicita-las prazas de resultas, o interesado poderá efectua-la oportuna reserva da praza, no caso de que existan vacantes, persoalmente ou por teléfono a través de calquera servicio de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Unha mesma persoa non poderá reservar máis dunha praza. A reserva de prazas poderase efectuar das 9 ás 14 horas, en días laborables agás sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo de 48 horas para presenta-lo impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto, e a documentación relacionada no artigo 7º. Os solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo non terán que presenta-lo anexo II. Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. En caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos, os teléfonos e o fax das oficinas administrativas a través das que poderá efectuarse a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 9º.-Prezos.

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I desta orde, de acordo co sinalado na Orde do 28 de decembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 5 de xaneiro de 2001).

Artigo 10º.-Devolucións de cotas.

1. Se unha vez obtida a praza e aboado o prezo correspondente o interesado non puidese asistir á actividade, só terá dereito á devolución deste no caso de que comunique a renuncia á praza por escrito e solicite a devolución da cantidade aboada polo menos vinte días antes do inicio da actividade, salvo causa de forza maior que impida a participación na actividade. Esta última circunstancia deberá acreditarse documentalmente e será valorada polo órgano encargado de resolve-la solicitude.

2. Para estes efectos haberá á disposición dos interesados un modelo normalizado de solicitude de devolución de cota de participación na Dirección Xeral de Xuventude e nos servicios de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

3. A solicitude deberá dirixirse ó delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde

se vai desenvolve-la actividade, ou á directora xeral de Xuventude no caso das actividades que se desenvolvan en máis dunha provincia ou fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, que serán os órganos encargados de resolver en cada caso.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias,

as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

ANEXO I

Campamentos de verán-2001

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Alb. Xuv. Eijo Garay

Res. xuv. Altamar

Alb. xuv. Gandarío

Ruta Coñece Galicia17-31/7/200115-1724.300150001

Camp. xuv. A Devesa

Camp. xuv. O Chanto

Mar e natureza1-15/7/200111-1317.700150002

Alb. xuv. Gandarío

Camp. xuv. Os Chacotes

Mar e natureza1-15/7/200115-1717.700150003

Camp. xuv. A Devesa

Camp. xuv. Os Chacotes

Mar e natureza16-30/7/200115-1717.700150004

Camp. xuv. Virxe Loreto

Camp. xuv. Pontemaril

Mar e natureza16-30/7/200113-1517.700150005

Camp. xuv. Illa de Ons

Camp. xuv. P. de Xacinto

Mar e natureza1-15/8/200113-1517.700150006

Alb. xuv. Mariña EspañolaA miña primeira

aventura

23-30/6/20019-1011.300150101

30/06-7/7/20019-1011.300150102

7-14/7/20019-1011.300150103

14-21/7/20019-1011.300150104

21-28/7/20019-1011.300150105

Deporte e recreación17-31/8/200111-1222.200150106

Alb. xuv. Gandarío *Actividades do mar1-15/7/200113-1424.300150201

Vela e táboa1-15/7/200115-1724.300150202

Actividades do mar16-30/7/200113-1424.300150203

Actividades do mar1-15/8/200112-1424.300150204

Vela e táboa1-15/8/200115-1724.300150205

Actividades do mar17-31/8/200113-1424.300150206

Vela e táboa17-31/8/200115-1724.300150207

Camp. xuv. FurelosEn bicicleta e cabalo pola

natureza

1-15/7/200113-1421.100150301

16-30/7/200115-1721.100150302

1-15/8/200113-1421.100150303

Camp. xuv. Virxe de LoretoNatureza xunto ó mar1-15/7/200113-1517.700150401

1-15/8/200115-1717.700150402

Camp. xuv. EspiñeiraAventura ó aire libre1-15/7/200111-1217.700150501

16-30/7/200111-1217.700150502

Alb. xuv. AreaActividades do mar: vela

e táboa, esquí acuático

e aula natureza mariña

1-15/7/200115-1728.800270101

16-30/7/200113-1428.800270102

1-15/8/200115-1728.800270103

17-31/8/200113-1428.800270104

Alb. xuv. Benigno Quiroga *A nosa aventura:

iniciación ó deporte da

vela e do piragüismo

1-8/7/20019-1111.300270201

8-15/7/20019-1111.300270202

15-22/7/20019-1111.300270203

22-29/7/20019-1111.300270204

29/07-5/8/20019-1111.300270205

5-12/8/20019-1111.300270206

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Camp. Xuv. A DevesaEncontro interautonómico1-15/7/200115-1717.200270301

Camp. xuv. O ChantoA nosa aventura16-22/7/20019-118.900270401

23-29/7/20019-118.900270402

Camp. xuv. Os ChacotesDeporte e natureza1-15/8/200112-1417.700270501

Camp. xuv. P. de XacintoAventura e deporte1-15/7/20019-1117.700320101

16-30/7/200112-1417.700320102

Res. Colexio Pablo VIPiragüismo1-15/7/200112-1324.300320201

16-30/7/200114-1524.300320202

Alb. Escola Vilamarín *Granxa agrogandeira1-15/7/20019-1123.200320301

16-30/7/200111-1323.200320302

1-15/8/20019-1123.200320303

Alb. xuv. O CorgoPiragüismo e remo1-15/7/200114-1524.300320401

16-30/7/200112-1324.300320402

1-15/8/200114-1524.300320403

Alb. xuv. Vilamartín de

Valdeorras

A nosa aventura1-15/7/200111-1322.200320501

16-30/7/200113-1522.200320502

Alb. xuv. Os Biocos de San Xoán

de Río

Aire libre

Ambiente

16-30/7/200114-1523.200320901

1-15/8/200111-1323.200320902

Alb. xuv. As Sinas *Actividades do mar: vela, dorna,

táboa, piragüismo, kaiak, polo

e aula natureza mariña

1-15/7/200113-1524.300360101

16-30/7/200115-1724.300360102

1-15/8/200113-1524.300360103

17-31/8/200115-1724.300360104

Camp. xuv. PontemarilAventura na natureza1-15/7/200110-1217.700360201

16-30/7/20019-1117.700360202

1-8/8/20019-118.900360203

9-16/8/200110-128.900360204

Camp. xuv. Illa de OnsAventura na illa1-15/7/200111-1317.700360301

16-30/7/200110-1217.700360302

Camp. xuv. AgoladaAventura no mundo rural1-15/7/200112-1417.200360401

16-30/7/200111-1317.200360402

* Actividade complementaria: informática.

Campos de traballo en Galicia-2001

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Campo de traballo BergondoRehabilitación igrexa Bergondo

e ambiente

1-15/7/200115-1710.000150208

16-30/7/200118-2210.000150209

1-15/8/200115-1710.000150210

Campo de traballo de VilarbóCampo de traballo

Ambiente

16-29/7/200118-2210.000150601

1-14/8/200118-2210.000150602

16-29/8/200123-3010.000150603

Campo de traballo de LugoAmbiente1-15/7/200118-2210.000270601

17-31/7/200123-3010.000270602

1-15/8/200118-2210.000270603

17-31/8/200123-3010.000270604

Campo de traballo de Monforte de

Lemos

Ambiente1-15/7/200123-3010.000270701

17-31/7/200118-2210.000270702

1-15/8/200123-3010.000270703

17-31/8/200118-2210.000270704

Instalación xuvenilActividadeDataIdadeImporte prazaNº código

Campo de traballo da PeroxaAmbiente e arqueoloxía1-15/8/200118-2210.000320601

16-30/8/200123-3010.000320602

Campo de traballo de Ribas de SilAmbiente e arqueoloxía1-15/7/200115-1710.000320701

16-30/7/200123-3010.000320702

1-15/8/200118-2210.000320703

16-30/8/200123-3010.000320704

Campo de traballo O CorgoAmbiente16-30/8/200118-2210.000320404

Campo de traballo de CelanovaRestauración1-15/7/200123-3010.000320801

16-30/7/200118-2210.000320802

Camp. xuvenil PontemarilCampo de traballo restauración

e ambiente

1-15/8/200118-2210.000360205

17-31/8/200123-3010.000360206

Camp. xuv. Illa de OnsCampo de traballo

Ambiente

1-15/7/200118-2210.000360303

16-30/7/200123-3010.000360304

1-15/8/200123-3010.000360305

17-31/8/200118-2210.000360306

Camp. xuv. Illas CíesCampo de traballo

Ambiente

1-15/7/200118-2210.000360501

16-30/7/200123-3010.000360502

1-15/8/200118-2210.000360503

17-31/8/200123-3010.000360504

Campamentos noutras comunidades autónomas. Ano 2001-Campaña Verán

Comunidade autónomaInstalación xuvenilModalidadeIdadeDataPrezoCódigo

Dep. Gral. De AragónAula natureza de PinetaCampus montaña13-1517-31/7/200128.000501301

CanariasRes. xuv. San AntonioTurístico-cultural14-171-15/7/200152.000500203

CantabriaCamp. LoredoNáutica14-1730/06-14/7/200131.000500301

Alb. xuv. Loredo e alb.

xuv. Braña Vieja

Praia - montaña14-1717-31/7/200128.000500302

Camp. xuv. Picos de EuropaRuta de montaña13-1517-31/7/200128.000500303

Alb. xuv. SolórzanoIniciación inglés13-1516-30/7/200128.000500306

Castilla y LeónAlb. xuvenil Navarredonda

de Gredos

Multiaventura14-171-15/7/200128.000500401

Alb. xuvenil SoncillosMultiaventura14-171-15/7/200128.000500402

Cuerda del PozoNáutica14-171-15/7/200131.000500407

Camp. xuvenil Puente ViejoNáutica14-1716-30/7/200131.000500404

Camp. xuv. Espinosa de los

Monteros

Multiaventura15-1716-30/7/200128.000500406

Camp. Xuvenil Alto de LeónIntercomunidades12-141-15/08/0128.000500403

Castilla - La ManchaAlb. xuvenil Alonso QuijanoNáutica e aire

libre

15-171-15/7/200131.000500501

ExtremaduraC. Emperador Carlos VSendeirismo15-172-16/08/0128.000500603

MurciaAlb. xuvenil CalarreonaMar e natureza14-171-15/7/200128.000500701

ÁguilasNáutica14-171-15/7/200131.000500704

NavarraAlb. xuv. Lekároz (3)Multiaventura15-1717-31/7/200128.000500806

Alb. xuv. Valle del BaztánItinerante15-1728.000500802

Alb. xuv. Lekároz (4)Multiaventura15-172-16/8/200128.000500807

Alb. xuv. Belagua (3)Travesía montaña15-1728.000500808

La RiojaCamp. xuvenil Molino ViejoAula de natureza13-142-16/7/200128.000500901

Alb. xuvenil Hospital

San José

Iniciación á

montaña

15-1728.000500902