Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 09 de abril de 2001 Páx. 4.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SILLEDA

ANUNCIO.

No BOP de Pontevedra número 43, do 1 de marzo de 2001, publicáronse as bases íntegras da convocatoria para a provisión de:

-Catro prazas de garda da policía local, enmarcadas no grupo D, escala administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, categoría garda. Sistema de selección: oposición libre.

-Unha praza de cabo da policía local enmarcada no grupo D, escala de administración especial, subescala servicios especiais, clase policía local, categoría cabo. Sistema de selección: concurso de méritos por promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os restantes anuncios correspondentes á oposición publicaranse no BOP de Pontevedra e/ou no taboleiro de anuncios deste concello de acordo coas bases da convocatoria.

Silleda, 7 de marzo de 2001.

José Fernández Vieitez

Alcalde-presidente