Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. rúa Joaquín Costa.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, 20 kV, de 174 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde la L.M.T.S. existente entre os CC.TT. hospital e Benito Corbal, ata o C.T. que se proxecta na rúa Joaquín Costa, no concello de Pontevedra, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 22 de febreiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra