Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.653

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto e adxudicación por concurso con tramitación urxente, da asistencia técnica que se cita.

a) Realización dun estudio de alternativas, estudio de impacto ambiental e proxecto básico dun porto deportivo en porto de Panxón (Nigrán).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente:

c) Número de expediente:

2. Obxecto do contrato.

a) Descripción do obxecto: realización dun estudio de alternativas, estudio de impacto ambiental e proxecto básico dun porto deportivo en Panxón (Nigrán).

b) División por lotes:

c) Lugar de execución: Nigrán (Pontevedra).

Prazo de execución: 1ª fase: tres (3) meses.

2ª fase: catro (4) meses.

3ª fase: desde a sinatura do contrato ata a súa liquidación.

4ª fase: un (1) mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base licitación.

Importe total: 14.645.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 292.900 pesetas.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa 5 A-6º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15707.

d) Teléfono: 981 54 53 22.

e) Telefax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Enderezo na Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=271.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado na cláusula 2.2.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar da presentación:

1ª Entidade: as proposicións presentaranse en sobres pechados no rexistro do ente público Portos de Galicia.

2ª Domicilio: praza de Europa, 5 A-6º.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15707 (ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: admítense variantes.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o décimo día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que ese día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 9 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios dos servicios centrais de Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia