Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 06 de abril de 2001 Páx. 4.556

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de marzo de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio.

A necesidade de adecua-lo cadro de persoal dos servicios periféricos da Consellería de Industria e Comercio ás súas necesidades de funcionamento, fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da citada consellería.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Industria e Comercio, oídas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de marzo de dous mil un, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintenove de marzo do dous mil un, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Industria e Comercio, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública