Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 05 de abril de 2001 Páx. 4.540

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación derivada de permiso de investigación denominada Bouza, fracción 1, número 2569.1.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria 31-1-2001, se lle outorgou a David Fernández Grande, S.L. a concesión de explotación derivada de permiso de investigación denominada Bouza, fracción 1, nº 2569.1 de catro cuadrículas mineiras para

recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Ponte Caldelas e Pontevedra, da provincia de Pontevedra; as súas coordenadas xeográficas son as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 35' 00''42º 23' 00''

28º 34' 20''42º 23' 20''

38º 34' 20''42º 22' 20''

48º 35' 00''42º 22' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería, do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 1 de marzo de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra