Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: desvío de instalacións estrada LU-212 Monterroso-Taboada.
Situación: Monterroso e Taboada.
Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV de 124 m de lonxitude en conductor LA-56 con orixe no apoio nº 1 da L.M.T. Monterroso I, C.T. Taboada e final no apoio proxectado nº 2 da mesma liña. L.M.T. a 20 kV de 56 m de lonxitude en conductor Al-56 con orixe en L.M.T. Monterroso I, C.T. Taboada e final no C.T. Baiuca. C.T. de 50 kVA relación 20.000/380-220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Lugo, 26 de febreiro de 2001.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo