En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
1. Someter a información pública, o estudio de impacto ambiental do proxecto de apertura dun vertedoiro de entullos de construcción e demolición no concello de Vilalba (Lugo).
2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Lugo.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contandos a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2001.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental