Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 04 de abril de 2001 Páx. 4.436

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2001, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a contratación dos traballos de asistencia técnica e consultoría, polo sistema aberto e por concurso, da redacción, coordinación, seguimento e avaliación do plan de formación de formadores do persoal do proxecto: Axencia de Desenvolvemento do Litoral de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación.

2. Obxecto do contrato.

Tipo de contrato: contrato de consultoría e asistencia técnica.

Descrición do obxecto: traballos de asistencia técnica e de consultoría da redacción, coordinación, seguimento e avaliación do plan de formación de formadores do persoal do proxecto denominado: Axencia de Desenvolvemento do Litoral e a súa posta en marcha.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Procedemento: aberto.

b) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: seis millóns cincocentas mil pesetas (6.500.000 ptas.).

5. Garantías.

Provisional: non é necesaria.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Na Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, situada na rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños, 15771 Santiago de Compostela. (Teléfono: 981 54 61 42, fax: 981 54 61 38); ou nas delegacións territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación do contratista: non é necesaria.

8. Presentación das ofertas.

Data límite de presentación: o prazo límite de presentación de proposicións rematará ós 15 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a establecida no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura; edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, nas súas delegacións territoriais correspondentes, antes das 14 horas do día de finalización do prazo contado a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou nas formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

9. Apertura das ofertas e exposición de proposicións.

Será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na sala de xuntas da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, nos edificios administrativos de San Caetano, s/n, 15704 Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día, a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación das proposicións.

10. Gastos do anuncio.

O importe polos gastos do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2001.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira e Investigación