Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/13-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Carballeda de Valdeorras.

Domicilio social: Sobradelo, 54, 32330 Carballeda de Vald.

Denominación: infraestructuras eléctricas Vilacristovo-Sobradelo.

Situación: Carballeda de Valdeorras.

Descricións técnicas: liña trifásica subterránea a 20 kV. En conductor R.H.Z.1 12/20 kV de 285 m de lonxitude, derivada desde o apoio nº 4 da L.M.T. ó C.T. Sobradelo existente en caseta e con final no C.T. proxectado en caseta prefabricada, de 250 kVA, R/T 20.000/380-220 V. Residencia da 3ª idade.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 20 de febreiro de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense