Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 02 de abril de 2001 Páx. 4.185

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial correspondente ó ano 2000 do convenio colectivo do sector de comercio de exportación de peixe fresco do porto da Coruña.

Visto o texto da revisión salarial correspondente ó ano 2000 do convenio colectivo do sector do comercio de exportación de peixe fresco do porto da Coruña (código convenio 1500384) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 9-2-2001, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Mayoristas Exportadores de Pescados y Mariscos de A Coruña en representación da parte social por CC.OO., CUT e UGT ó día 2-2-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de febreiro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión mixta do convenio colectivo de exportadores de peixe fresco do porto da Coruña

Na Coruña o 2 de febreiro de 2001, sendo as 11 horas, reúnense no local da Asociación de Mayoristas, Exportadores de Pescado y Marisco de A Coruña, as persoas abaixo relacionadas, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de peixe fresco do porto da Coruña.

Pola parte empresarial:

Eleuterio Lorenzo Vázquez

Antonio Pedregal Rodríguez

Por CC.OO.:

José Ramón Grela

Por CUT:

Teodoro Santamaría Antón

Miguel Ángel Fernández Lago

Asunción Rumbo García

Elisa Josefa Sanjurjo Ferreiro

Manuel Teixeira Pereira

Manuel Martínez Pombo (asesor)

Mario Díaz Bustamante (asesor)

Por UGT:

Nieves Montes Patiño

Despois dun breve debate, chégase ós seguintes acordos:

1. Aplica-la revisión salarial establecida no artigo 28 do convenio, que consiste nun 2,5% e con efectos do 1-1-2000.

2. Quedar á expectativa da convocatoria do CXRL (Consello Xeral de Relacións Laborais) para inicia-la negociación do convenio de exportadores de peixe de ámbito galego.

Sen máis asuntos que tratar levántase a reunión, sendo as 12.30 horas, asinando todos en proba de conformidade.

Táboa salarial

Categoría profesional

Salario base

Complemento

transporte

Total mensual

Total anual

Grupo primeiro

Persoal técnico titulado

Tit. grao superior121.4129.704131.1161.966.740

Tit. grao medio106.6239.704116.3271.744.905

Grupo segundo

Persoal mercantil non titulado

Encargado establecemento106.6239.704116.3271.744.905

Oficial empacador97.6499.704107.3531.610.295

Empacador/a93.9659.704103.6691.555.035

Aprendiz de empacador80.7429.70490.4461.356.690

Comprador106.6239.704116.3271.744.905

Conductor93.9659.704103.6691.555.035

Grupo terceiro

Persoal administrativo

Oficial administrativo93.9659.704103.6691.555.035

Contable93.9659.704103.6691.555.035

Auxiliar administrativo89.0669.70498.7701.481.550

Aspirante80.7429.70490.4461.356.690