Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.113

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

ANUNCIO (sec-2000000070).

Esta alcaldía, en uso das atribucións que lle confire a lei, aprobou inicialmente, mediante Decreto do día 16-3-2001, o plan parcial do polígono 1 do solo urbanizable do PXOM de Verín, formulado por Primosca, S.L.

En cumprimento do que dispón a Lei do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ó da publicación dun anuncio no DOG. Durante o dito prazo, o expediente atoparase de manifesto na secretaría xeral do concello para os efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Verín, 16 de marzo de 2001.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde