Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 30 de marzo de 2001 Páx. 4.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Grande e Regueiro das Forcadas, concello de Chandrexa de Queixa (Ourense), e promovido por Hidroeléctrica del Liñares, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Grande e Regueiro das Forcadas, concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental