Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.969

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 19 de febreiro de 2001, da Delegación Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores. (PESAN1 2000/000141-2 e PESAN1 2000/000179-2).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Lugo en Celeiro (Viveiro), avda. Ramón Canosa s/n - 27863.

Nº de expediente: PESAN1 2000/141-2.

Denunciado: Juan Benigno Ponce Montero.

DNI: 76.408.349.

Enderezo: Río Tigón, 2-4º B, Cedeira.

Precepto infrinxido: 6.7º.

Sanción: 1.000.000 de pesetas, 6.010,12 euros.

Nº de expediente: PESAN1 2000/179-2.

Denunciado: Aurora González Martínez.

DNI: 52.500.632.

Enderezo: av. José Solla, 113, Arcade, Soutomaior.

Precepto infrinxido: 6.12º.

Sanción: 35.000 pesetas, 210,35 euros.

De conformidade co previsto na orde de Economía e Facenda do 22 de maio de 1987 (DOG nº 104, do 3 de xuño), as devanditas sancións deberán ser aboadas na c/c nº 2091/0154/11/3110000040 da Caixa de Aforros de Galicia, oficina de Celeiro-Viveiro, título da conta Tesouro da Facenda galega.

Consta restrinxida da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. Recadación de multas e sancións, nos prazos establecidos no Regulamento xeral de recadación. No suposto de non seren aboadas procederase, sen máis trámite, ó seu cobro pola vía de constrinximento regulamentaria.

Celeiro - Viveiro, 19 de febreiro de 2001.

Pablo Ramón Fernández Asensio

Delegado territorial de Lugo