Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 29 de marzo de 2001 Páx. 3.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/78-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: Nicaragua, 10-3º esq., 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Barreira-Estramil.

Situación: A Laracha.

Descricións técnicas: derivada de liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-30, de 10 m de lonxitude, con orixe na liña Cillobre-Toras-Bastón (expediente 51892) e final no C.T. Barreira-Estramil, para instalar. Centro de transformación, tipo aéreo, sobre apoio de formigón, de 50 kVA e tensións de 15-20/0,380-0,220 kV en Barreira-Estramil, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z., de 188 m de lonxitude, que conecta a rede existente. A Laracha.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 1 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña