Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.924

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

1. Obxecto: concurso para a adxudicación da redacción do proxecto de edificio destinado a Museo Provincial e Conservatorio de Danza. (Centro das Artes da Deputación Provincial da Coruña).

2. Premios:

1º premio: 5.000.000 de pesetas.

2º premio: 2.000.000 de pesetas.

3º premio: 1.000.000 de pesetas.

3. Accésit: 3 accésit de 500.000 pesetas cada un.

4. A deputación poderá adxudicarlle ó gañador do primeiro premio do concurso a redacción do proxecto básico e de execución, todo iso logo da existencia de crédito adecuado e suficiente, a súa fiscalización e aprobación mediante resolución de presidencia.

5. Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. www.dicoruna.es.

6. Anuncio extenso: BOP (publicación íntegra das bases).

7. Proposicións: poderán presentarse (de forma anónima baixo lema) no Servicio de Patrimonio e Contratación ata as 13 horas do día 28 de maio de 2001.

A Coruña, 22 de marzo de 2001.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervia

Secretario da Deputación Provincial da Coruña