Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete á información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Grande, concello de Chandrexa de Queixa (Ourense), e promovido por Hidroeléctrica del Mandeo, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Primeiro.-Someter á información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Grande, concello de Chandrexa de Queixa (Ourense).

Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense.

-Concello de Chandrexa de Queixa.

Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Composela, 19 de febreiro de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental