En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude,
RESOLVO:
Primeiro.-Someter á información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de depósito controlado de residuos da construcción e demolición no municipio de Ribadeo (Lugo).
Segundo.-Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
-Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo.
Terceiro.-As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.
Francisco Pan-Montojo González
Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental