Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.905

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/43-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Silleda, S.L.

Domicilio social: avda. Parque, 15, 36540 Silleda.

Denominación: L.M.T. e C.T. avda. do Parque, 33.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 590 m de lonxitude, con conductor R.H.Z., desde o C.T. cemiterio de Silleda ata o C.T. que se proxecta na avda. do Parque, nº 33, no concello de Silleda. C.T. de 500 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra