Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.900

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PILOÑA

CÉDULA de notificación e emprazamento (49/2000).

Nos autos de referencia dictouse a resolución do teor literal seguinte:

Proposta de providencia da secretaria xudicial Ana María Sánchez Castañón.

En Piloña o vintesete de xuño de dous mil.

Dada conta; por recibido o anterior exhorto, únase.

Tal como se interesou pola parte actora no seu escrito de data 19-5-2000, e dado o ignorado paradoiro da demandada, emprácese a entidade Madeblas, S.L., por edictos co fin de que no improrrogable prazo de nove días compareza neste xulgado.

Se comparece, concederásenlle tres días para contestar con data do letrado, entregándolle as copias da demanda e documentos, se é o caso, ó notificarlle a providencia no que se lle teña por comparecido.

Entréguese en edicto para a súa publicación no DOG á parte actora para que coide da súa publicación e entrega a este xulgado do exemplar onde apareza publicado.

O que así se propón e se asina, dou fe.

E como consecuencia do ignorado paradoiro do/da demandado/a Madeblas, S.L., esténdese a presente para que sirva de cédula de notificación e emprazamento en Piloña o vintesete de xuño de dous mil.

A secretaria

Rubricado