Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 28 de marzo de 2001 Páx. 3.894

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, de conformidade co establecido na Resolución do 23 de febreiro de 2001 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia número 40, do 26 de febreiro).

Publicada a Resolución do 23 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración de listas reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e unha vez finalizado o prazo previsto nesta e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión que tivo lugar o día 21 de marzo de 2001, a Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 15 do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes ás categorías 2 (ATS-DUE), 6 (educador/a/profesor/a especial), 40 (mestre/a especialista en educación infantil) do grupo II, ás categorías 14 (xefe/a de cociña), 50 (técnico especialista en xardín de infancia), 54 (ETAR (encargado tarefas asistencia recuperadora)), 65 (oficial 1ª cociña/oficial 1ª cociñeiro/a e outros) do grupo III, ás categorías 3 (auxiliar de clínica/auxiliar sanitario e outros), 4 (auxiliar de fogar/coidador auxiliar e outros), 5 (oficial 2ª cociña/cociñeiro/a oficial 2ª) do grupo IV, ás categorías 1 (camareiro/a limpador/a e outros), 3 (ordenanza/celador/a e outros), 11 (limpador/a e

outros), 12 (peón) do grupo V; as ditas listas están expostas da forma que a continuación se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos, coa expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-A partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da exposición das listas definitivas, acudirase a estas listas especiais sempre que se trate de substitucións urxentes e imprescindibles para o bo funcionamento do servicio, de empregados públicos que se atopen nas situacións expresadas na base primeira da Resolución do 23 de febreiro de 2001 (DOG nº 40, do 26 de febreiro) tal e como se establece nela.

Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública