Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, para a adquisición de doce transpaletas para os portos pesqueiros desta Comunidade Autónoma.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación, polo sistema de concurso aberto, e trámite de urxencia, para a adquisición de doce transpaletas para os portos pesqueiros desta Comunidade Autónoma.

Obxecto: adquisición de doce transpaletas para os portos pesqueiros desta Comunidade Autónoma.

Orzamento e tipo: dous millóns setecentas sesenta mil pesetas (2.760.000) IVE e outros impostos incluídos.

Prazo de entrega: segundo o prego de prescricións técnicas.

Documentación de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores na oficina de Información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela; San Caetano, bloque 5, así como nas delegacións territoriais pertencentes a esta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina. Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguin

te enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=242.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións poderán presentarse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, así como nos rexistros das delegacións territoriais pertencentes a esta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase o mesmo día un telegrama ou fax á secretaría xeral, na que se comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación, que se reunirá na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás dez horas (10 horas) do cuarto día hábil contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas, sempre e cando este día non coincida en sábado ou festivo. Neste caso, tal día pasará a se-lo primeiro hábil seguinte.

O importe do anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2001.

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo y Acuicultura