Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.837

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica o inicio do expediente sancionador Secretaría 6/2001.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona o acordo de inicio do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, xeral de sanidade, do 25 de abril, e o

R.D. 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 16.1º do R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións, e no caso de non presentalas segundo o artigo 13.2º do dito R.D. 1398/1993, o inicio poderá considerarse proposta de resolución.

Expediente sancionador: Secretaría 6/2001.

Denunciada: Mª Amparo Losada Remeseiro.

DNI/CIF: 32.669.811-J.

Último enderezo coñecido: López Bouza, 29-43, 1º esq. Ferrol.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: quince mil pesetas.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2001.

Manuel Barral Castro

Delegado provincial da Coruña