Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.835

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/47-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do R.D. 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. na Serra de Poente 42.

Situación: Cangas.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Cangas ata o C.T. que se proxecta na Serra de Poente nº 42, no concello de Cangas. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 15 de febreiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra