Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.833

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de febreiro de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00403-I-2000).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, inciáronse cos números que se indican os correspondentes expedientes sancionadores, que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegar por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela o 14 de febreiro de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

Instructor

ANEXO

Expediente/matrícula/denunciante:

DX-00403-I-2000. Obstruccion. LE90R0033251838.

Denunciado: Luis Antonio Baamonde Fernández.

Último enderzo coñecido: avda. Xeneral Sanjurjo, 173, 4º, 156 A Coruña.

Feito denunciado: con data de rexistro de saída 21-2-2000, foi requirido Luis Antonio Baamonde

Fernández, para que no prazo de 10 días remitise a esta subdirección xeral os discos-diagrama do vehículo matrícula C-7921-E, do período comprendido entre o 7 de novembro e o 26 de decembro de 1999, así como relación de conductores que prestaron os seus servicios no vehículo durante o dito período de tempo. Segundo o correspondente xustificante de recepción a recepción do requirimento tivo lugar o 17-3-2000. Transcorrido o prazo sinalado non se cumpriu co citado requirimento, o que constitúe unha infracción moi grave por obstrucción á actuación dos servicios de inspección, impedíndolle-lo exercicio das súas funcións.

Data/hora/estrada/pk: 15-12-2000. 9.30. 48.

Precepto infrinxido: artigo 33 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres (BOE número 182, do 31 de xullo) e artigo 19 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, Regulamento da Lei 16/1987 (BOE nº 241, do 8 de outubro).

Precepto sancionador: artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990.

Sanción proposta: 460.000.