Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 15 de febreiro de 2001, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (González Polledo, Javier e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións complementarias, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial de Vigo, en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na Praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 15 de febreiro de 2001.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

González Polledo, Javier

DNI: 36.018.164

O Areal, 140-7º B

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte.: S-1131/2000

Liquidación: 650000024043

Mella González, Pablo

DNI: 36.162.584

Tr. de Vigo, 117-8º A

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte.: D-511/1997

Liquidación: 3970000516

Rodríguez Fernández, Francisco

DNI: L5410269W

Tomás Alonso, 185-H, 1

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte.: S-261/1998

Liquidación: 650700318952

Rodríguez Fernández, María Paz

DNI: 33.140.402

Tomás Alonso, 185-H, 1

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns

Expte.: D-475/1998

Liquidación: 3980000481