Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.828

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2001 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso da praza de profesorado desta universidade convocada por Resolución do 17 de xullo de 2000.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6º do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición das comisións que han resolve-los concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocadas por resolución da Universidade de Vigo do 17 de xullo de 2000 (BOE do 8 de agosto) e que son as que se relacionan como anexo a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra este resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, nun prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

Vigo, 1 de marzo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo

ANEXO

Praza: 21/2000.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: ciencias morfolóxicas.

Comisión titular:

Presidente: Fermín Navarrina Gámez, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Enrique Ramón Meaños Melón, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

José Francisco Rodríguez Vázquez, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

José Aníbal Smith Fernández, profesor titular de universidade. Universidade de Málaga.

Juan Lorenzo San Molina, profesor titular de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente:

Presidente: José Luis Labandeira García, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretaria: Pilar Alonso Martínez, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocais:

Mª Blanca Conde Guerri, catedrática de universidade. Universidade de Zaragoza.

Indalecio Sánchez Montesinos García, profesor titular de universidade. Universidade de Granada.

Miguel Ángel Arévalo Gómez, profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.