Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.826

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se aproba a resolución provisional do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores famacéuticos e subinspectores sanitarios.

De conformidade co previsto na base sexta da Resolución do 29 de xaneiro de 2001 (DOG nº 26, do 6 de febreiro), pola que se fai pública a convocatoria do concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores

médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, e rematada pola comisión de valoración a tarefa de baremación dos méritos alegados e acreditados polos concursantes, cómpre resolver provisionalmente o dito concurso de traslados.

En consecuencia, este centro directivo,

ACORDO:

Primeiro.-Declarar resolto provisionalmente o concurso de traslados para a cobertura de postos de traballo de persoal sanitario funcionario incluído baixo o ámbito de aplicación da Lei 17/1989, do 23 de outubro, pertencentes ás clases de inspectores médicos, inspectores farmacéuticos e subinspectores sanitarios, convocado por Resolución do 29 de xaneiro de 2001 (DOG nº 26, do 6 de febreiro), adxudicándolles ós participantes a puntuación provisional acadada e, se é o caso, o destino dun xeito provisional, sen que este supoña ningún dereito ou expectativa.

As correspondentes listaxes de adxudicación atópanse expostas nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde.

Segundo.-De conformidade co establecido na base sexta da Resolución do 29 de xaneiro de 2001, os interesados disporán dun prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia desta resolución provisional, para formularen reclamacións contra ela.

A estimación ou, se é o caso, desestimación das reclamacións que se acheguen, entenderase implícita na resolución definitiva do concurso.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos