Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 27 de marzo de 2001 Páx. 3.822

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial e calendario laboral para o ano 2001 do convenio colectivo da empresa Martesanal, S.L.

Visto o texto de revisión salarial e calendario laboral para o ano 2001 do convenio colectivo da empresa Martesanal, S.L. (código convenio nº 1503141) que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-1-2001, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo delegado de persoal o día 18-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de febreiro de 2001.

María Silva Costoya

Delegada provincial da Coruña

Acta

En Quilmas, Carnota, ás 8 horas do día 18 de xaneiro de 2001, co obxecto de realiza-la revisión

salarial das táboas salariais para o ano 2001, de acordo co convenio colectivo de Martesanal, S.L. reúnense as seguintes persoas:

Pola parte social: Joaquín Casais Costa.

Pola parte empresarial: Pablo García Rodríguez.

Ámbalas dúas partes recoñécense mutuamente capacidade legal para revisa-las táboas salariais do convenio colectivo de Martesanal, S.L.

Confecciónanse as novas táboas salariais para o ano 2001, aplicando o criterio establecido no artigo 30 do convenio, as cales se achegan como anexo I a esta acta; así como o calendario laboral para o 2001 como anexo II.

Así mesmo acórdase autorizar a Joaquín Casais Costa para a presentación e rexistro das táboas salariais.

Sen máis asuntos que tratar levántase a reunión no lugar e data arriba sinalados, asinando a presente acta en proba de conformidade con esta. Rubricado

ANEXO I

Táboa salarial 2001

CategoríaSalario bruto

anual

Salario base

mensual

(15 pagas)

Valor hora

extra

Complemento

asistencia

ptas./mes

Producción

Subalternos1.538.119102.5411.5096.878
Oficial 3ª1.675.324111.6881.643(x12 meses)
Oficial 2ª1.793.396119.5601.759
Oficial 1ª1.914.655127.6441.878
Encargado 2ª1.962.532130.8351.925
Encargado 1ª2.331.106155.4072.287
Vixilante2.332.315155.4882.288
Técnico2.948.423196.5622.892
Técnico superior4.919.068327.9384.825

Administración

Auxiliares1.538.119102.5411.509
Oficial 3ª1.755.095117.0061.722
Oficial 2ª1.962.533130.8361.925
Oficial 1ª2.233.777148.9182.191
Técnico superior3.925.983261.7323.851

Valor hora extra

Gardas de sábados, domingos e festivos5.874

Garda permanente17.455

ANEXO II

Calendario laboral 2001

MesFestivosVacaciónsDías totais

traballo ano

Horas totais

traballo ano

Horas traballo ano

segundo convenio

Diferencia horas anuais

horas convenio

Xaneiro1, 6
Febreiro302271.8161.784+32
Marzo
Abril12, 13díasdíashorashorashoras
Maio1, (17)
Xuñonaturais
Xullo25
Agosto15
Setembro
Outubro12
Novembro1
Decembro6, 8, 25
+ 2 festivos locais