Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.812

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE GALEGA DO MEDIO AMBIENTE, S.A.

ANUNCIO.

A Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. anuncia a realización das probas de selección para os candidatos presentados ós postos de referencia, SDIR, OAC e ODC, que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria. As devanditas probas terán lugar o día 3 de abril, ás 10 horas, nas oficinas de Serviguide, S.L. A Coruña; r/ Juan Flórez, 82, local 6-8.

Os candidatos deberán ir provistos do DNI. Calquera consulta adicional poderá realizarse no seguinte teléfono: 981 69 85 24, desde as 9 ata as 11 horas.

Luis Mingo Reiz

Presidente da Sociedade Galega do Medio

Ambiente, S.A.