Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.812

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILASANTAR

ANUNCIO da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria do día dezaseis de febreiro de dous mil un, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilasantar.

De conformidade co disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, exponse ó público na secretaría deste concello polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que calquera que o desexe poida examinala e presentar durante o dito prazo as alegacións que coide oportunas.

Vilasantar, 9 de marzo de 2001.

O alcalde

Rubricado