Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión que tivo lugar o día 5 de febreiro de 2001, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle para a ordenación urbanística de parcela na rúa Martices nº 21, esquina á rúa da Cova, redactado polo arquitecto

José M. Fernández Buján e promovido por Frigoatún, S.L.

De conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, o dito estudio de detalle estará exposto ó público nas oficinas municipais de secretaría durante o prazo dun mes, a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podendo presentarse reclamacións ou alegacións no mesmo prazo.

Vilagarcía de Arousa, 7 de febreiro de 2001.

Joaquín Javier Gago López

Alcalde