Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria do día 25 de xaneiro de 2001, adoptou, por unanimidade, o seguinte acordo:

1. Inicia-lo expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de urbanización na rúa Gregorio Fernández, entre a rampla de Sas e a rúa Fernández Mazas, polo procedemento de taxación conxunta.

2. Expoñer ó público o expediente de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de urbanización na rúa Gregorio Fernández, entre a rampla de Sas e a rúa Fernández Mazas, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, por espacio dun mes, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións que coiden convenientes, en particular sobre o que concirne á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificar individualmente ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes.

Ourense, 1 de febreiro de 2001.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

Relación de propietarios afectados

Nº predioPropietarioPrezo xusto

29800-05CJusto Vidal Barreiro3.324.049

29800-06Eduardo Álvarez Deza e outros576.559

29800-07Agapito Taboada Castro685.964

29800-08Elena Vivas Castro742.789

29800-09José García Rodríguez3.534.441

Total8.863.802