Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.804

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica consistente na edición do mapa de solos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: edición de 1.000 exemplares de cada un dos sete mapas de solos de Galicia segundo as características definidas no prego de prescricións técnicas.

2.2. Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: oito millóns (8.000.000) de pesetas, IVE incluído (48.080,97 euros).

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: trescentas vinte mil (320.000) pesetas (1.923,24 euros).

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2 e na páxina de Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=234.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursar a esta licitación, deberán enviar ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: o nome do concurso.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, se trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.

b) Enderezo: Complexo Administrativo de San Caetano

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente