Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2001, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da subministración dun vehículo tipo turismo.

O secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos, actuando no nome do conselleiro da Presidencia e Administración Pública, por delegación de competencias segundo a Orde do 22 de febreiro de 1999, acorda facer pública a adxudicación definitiva da subministración convocada por Resolución do 26 de xaneiro de 2001 desta secretaría xeral, polo sistema de concurso público aberto, de subministración dun vehículo tipo turismo.

De conformidade cos artigos 81 e 88 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e os puntos 10 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratación constituída para o efecto, despois de examinar e pondera-las proposicións presentadas, eleva proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Unha vez vistas as actas da mencionada mesa de contratación, e tendo en conta os artigos 73, 74 e 180 do citado Real decreto lexislativo 2/2000, e os puntos 7, 10 e 11 do prego de cláusulas administrativas particulares deste contrato, esta secretaría xeral resolveu adxudicarlle a citada contratación á empresa Yáñez, S.L. por un importe, IVE incluído, de 4.200.000 pesetas (25.242,508 euros).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, ad sensum dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998,

do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración

Pública