Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 26 de marzo de 2001 Páx. 3.782

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do escrito da acta do acordo da actualización das táboas salariais do convenio colectivo de limpezas de edificios e locais de Ourense para o ano 2001.

Visto o escrito da acta do acordo da actualización das táboas salariais do convenio colectivo de limpezas de edificios e locais de Ourense para o ano 2001 (código de convenio 3200155-publicado no BOP nº 97, do 28-4-2000), con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 31-1-2001, subscrito pola comisión paritaria do citado convenio colectivo, integrada polos membros da súa comisión negociadora o día 17-1-2001, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, e demais normas aplicables de dereito común;

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 7 de febreiro de 2001.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta

En Ourense, ás 18 horas do día 17 de xaneiro de 2001, reúnese nos locais da Confederación Empresarial de Ourense a comisión paritaria do convenio colectivo de limpezas de edificios e locais de Ourense, a cal está formada polos membros da comisión negociadora do convenio colectivo para 2001, co fin de lle dar cumprimento ó acordado no convenio colectivo de 2000, para a actualización das táboas salariais para 2001. Tense en conta que o IPC de 2000 acadou o 4%, e chégase ó seguinte acordo:

1. Incrementa-las táboas salariais nun 4,5% para 2001, resultando os salarios que se sinalan nesta acta.

2. O complemento de trasporte queda fixado en 100 pesetas e o complemento de actividade en 225 pesetas.

ANEXO

Táboa salarial

CategoríasPesetas

Persoal directivo e técnico
Subgrupo I. Persoal directivo
Director211.594
Director comercial191.283
Director administrativo191.283
Xefe de persoal191.283
Xefe de compras191.283
Xefe de sección191.283

Subgrupo II. Persoal titulado
Titulado de grao superior156.651
Titulado de grao medio136.849
Titulado lab. ou profes.117.444

Administrativos ou administrativas
Xefe de primeira130.822
Xefe de segunda103.435
Caixeiro103.435
Oficial de primeira102.167
Oficial de segunda101.024
Auxiliar99.434
Cobrador98.998

Mandos intermedios
Encargado xeral118.278
Supervisor encargado de zona102.727
Supervisor encargado de sector98.858

Persoal subalterno
Ordenanza95.406
Almacenista95.406
Listeiro95.406
Vixilante95.406
Mozo dos recados72.120

Persoal obreiro
Especialista3.222 ptas./día
Peón especializado3.222 ptas./día
Limpadora3.157 ptas./día
Peón3.157 ptas./día
Axudante3.157 ptas./día
Oficial de primeira de of. varios3.234 ptas./día
Encargado de grupo ou edificio3.241 ptas./día
Responsable de equipo3.181 ptas./día
Conductor limpador3.181 ptas./día
Traballadores menores de 18 anosSMI